En Cambalache apostamos pola mellora continua, a sostenibilidade, a eficiencia enerxética e a dixitalización dos nosos sistemas, adaptándonos aos novos tempos.
Este ano e coa axuda no finanzamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), como parte da resposta da Unión Europea á pandemia do Covid-19, puxemos en práctica a dixitalización do sistema de xestión documental e a xestión sen fíos dos almacéns. E no ámbito da sostenibilidade, levamos a cabo unha instalación fotovoltaica con paneis solares de 35 kw na sede central da empresa no polígono de POCOMACO, a adquisición de catro motocicletas eléctricas para reparto a domicilio na cidade da Coruña e a instalación dun novo sistema de renovación de aire no restaurante do Paseo de Ronda, na mesma cidade.